jueves, 26 de noviembre de 2015

Oussama's Trip

Os alumnos de 2º ESO de Educación para a Cidadanía de Seccións Bilingües, dentro da unidade People,  fixeron unha incursión na cultura marroquí. Un dos alumnos, Oussama, é marroquí, concretamente de Agadir.
 
Descubrimos que, aínda que en San Vicente hai unha pequeña comunidade de cidadáns de orixe marroquí, o alumnado do curso tiña moi pouca información e bastante curiosidade sobre aspectos menos coñecidos da súa cultura, tradicións, rutinas diarias, desenvolvemento da vida en xeral en Marrocos.
 
Tras unha intensa (pero divertida) búsqueda de información moi variada, a colaboración inestimable do protagonista e unha útima entrevista con el, penso que todos teñen moito máis claro de onde procede Oussama.
 
O seguinte paso foi facer un vídeo, contando un pouco todo o proceso e publicalo no blog da asignatura CAT GOT YOUR TONGUE?  http://teachermari.tumblr.com/
 

 

Música de Cine

Os alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron hoxe a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia titulado AccESO a Cineuropa no que a Banda Municipal de Santiago interpretou a banda sonora de diferentes curtametraxes, fragmentos de cine e debuxos animados coss imaxes en directo.
Desfrutaron así dunha banda sonora en directo.



Para completar a xornada cinematográfica asistiron tamén á proxección de 8 apellidos catalanes


Unha fermosa xornada de convivencia, música e cine.

lunes, 23 de noviembre de 2015

UN SAMAÍN DE CINE

O cine de terror foi o tema escollido para o noso Samaín de cine. Arrancou así a nosa primeira celebración inmersos no mundo do cine. Os rapaces de todos as etapas e niveis participaron en diversas actividades, aprendendo da experiencia de maquilladores e coreógrafos (Verónica Aboy) e mostrando a compañeiros e familias o resultado do seu traballo.

  • Así, os pequenos de Infantil asistiron á representación de "Corre corre, Cabaciña" por parte das alumnas de Técnicas de Expresión Escrita de 4º de ESO.


  • Os cativos de 2º de Primaria gravaron un videotutorial de Como facer un Zombie.



E ademáis, os corredores do cole foron decorados cun túnel do terror e unha exposición de cabazas decoradas con temática cinematográfica que causaron o asombro de todos e tamén algún que outro susto aos asistentes.
Aquí vos deixamos unha galería de fotos dese terrorífico día.


SAMAÍN DE CINE on PhotoPeach

domingo, 22 de noviembre de 2015

Presentámonos


En xuño de 2015, un grupo de profes do CPI San Vicente de A Baña, entusiastas, namorados do cine e da fotografía e convencidos das múltiples posibilidades educativas que ofrece a linguaxe audiovisual, decidiron poñer en marcha un proxecto interdiciplinar para o curso 2015-2016 que implicase a todas as etapas educativas, dende Infantil ata 4º de ESO. Titulamos a ese proxecto-soño En Versión orixinal e aquí podedes ver a presentación que fixemos do mesmo na sede da Fundación Barrié o pasado 5 de outubro tras ser seleccionado na IV Convocatoria de Proxectos Escolares.

Powered by emaze