Continuamos a nosa aventura cinematográfica.
Neste caso as nenas e nenos de educación infantil estiveron traballando no STORYBOARD ou guión gráfico que é un conxunto de ilustracións secuenciadas que nos axudan a entender unha historia. É un paso previo antes de filmarse unha película. Poderiamos dicir que é a maneira habitual de pre-produción na industria fílmica.
A continuación pódese ver a storyboard feita polas nenas e nenos a partir do conto canto ruído da editorial OQO a través deste link.
https://drive.google.com/folderview?id=0B9lGcv3dgcYnQ3F3Sy1EYjFNX1E&usp=sharing
viernes, 26 de febrero de 2016
miércoles, 17 de febrero de 2016
XOGOS ÓPTICOS: O FLIP-BOOK
No ano 1868, John Barnes Linnet presenta o Folioscopio ou Flip-book. Este xogo consiste en debuxar sobre anacos de papel do mesmo tamaño diversas fases progresivas dunha acción. As follas pásanse rapidamente coa axuda do dedo polgar creando así a ilusión do movemento. O máis interesante do Folioscopio é que para facelo só precisamos papel e lapis.
En Educación Infantil fixeron a experiencia e resultou moi divertida.
A continuación pódese ver unha pequena mostra.
lunes, 15 de febrero de 2016
ENTROIDO DE CINE
Seguimos adiante con noso proxeto e que mellor
maneira de facelo que cun Entroido de Cine, este ano inspirado en diferentes
xéneros cinematográficos, dende o western americano ata o cine de ficción
pasando pola animación entre outros.
Despois de moitos preparativos o pasado 5
de febreiro de 2016 celebramos o Entroido de Cine no noso centro, onde, ademais
dunha degustación de filloas e actuacións dos cursos de Educación Infantil,
Primaria e Secundaria, puidemos saír en comparsa polas rúas do noso pobo, a
Baña, foi un día fantástico e cheo de ilusións.
Aquí deixamos a reportaxe gráfica do día.
CINE POLA PAZ
O venres 29 de xaneiro, para conmemorar o Día da Paz, todos os alumnos do cole asistiron a unha sesión de cine con "palomitas pola paz".
Tras seleccionar diferentes películas que, adaptadas ás diferentes idades do noso alumnado, tocasen valores como a tolerancia, o respecto e a non violencia, as aulas de audiovisuais e o salón de actos convertéronse por un día en salas de cine nas que comimos palomitas e nos emocionamos, profesores e alumnos, coas historias que os seus protagonistas nos estaban a contar na pantalla.
Os filmes proxectados foron:
Unha preciosa xornada da que estas fotos son un pequeno recordo:
CINE POLA PAZ on PhotoPeach
Tras seleccionar diferentes películas que, adaptadas ás diferentes idades do noso alumnado, tocasen valores como a tolerancia, o respecto e a non violencia, as aulas de audiovisuais e o salón de actos convertéronse por un día en salas de cine nas que comimos palomitas e nos emocionamos, profesores e alumnos, coas historias que os seus protagonistas nos estaban a contar na pantalla.
Os filmes proxectados foron:
- Gru, mi villano favorito, para Educación Infantil
- Azur y Asmar, para 1º, 2º e 3º de Primaria
- War Horse, para 4º, 5º e 6º de Primaria
- Little Boy para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO
Unha preciosa xornada da que estas fotos son un pequeno recordo:
CINE POLA PAZ on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)