O pasado 25- N con motivo da
celebración do Día “Contra a Violencia de Xénero” elaboramos
un xoguete óptico chamado Taumátropo. O
obxectivo era que o alumnado poidese entender coa construcción deste
enredo que había antes do cine.
Por
outra banda os debuxos escollidos representaban a metáfora
gaiola-paxaro entendendo que a muller é dona de sí mesma nunca
propiedade de ninguén.
Para
entender un pouco mellor os comezos do cine o alumnado de educación
infantil fixo unha reportaxe explicativa que podedes visualizar nesta
entrada no blog.
Ese
mesmo día tivo lugar no salón de actos a proxección dunha
curtametraxe dirixida pola primeira directora de cine da historia
Alice Guy, en concreto “Les résultats du féminisme” con data
1906. Neste film pódese observar como, con absoluta maestría, a
directora da unha volta aos roles de xénero, algo totalmente
insólito na súa época.
No hay comentarios:
Publicar un comentario