Seguimos adiante con noso proxeto e que mellor
maneira de facelo que cun Entroido de Cine, este ano inspirado en diferentes
xéneros cinematográficos, dende o western americano ata o cine de ficción
pasando pola animación entre outros.
Despois de moitos preparativos o pasado 5
de febreiro de 2016 celebramos o Entroido de Cine no noso centro, onde, ademais
dunha degustación de filloas e actuacións dos cursos de Educación Infantil,
Primaria e Secundaria, puidemos saír en comparsa polas rúas do noso pobo, a
Baña, foi un día fantástico e cheo de ilusións.
Aquí deixamos a reportaxe gráfica do día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario